mércores, 21 de xuño de 2023

FIN DE CURSO

Queridos nenos e nenas, xa chegou o último día de clase!

Quérome despedir de vós con moito cariño. Foi un ano especial para todos, o voso inicio de etapa e a miña primeira experiencia en primeiro. 

Entre todos superamos os retos propostos, e evolucionamos positivamente para acadar os obxectivos marcados para este curso. Por iso, quérovos felicitar por todo o traballo e esforzo realizado. 

Parabéns!

Tamén quérolle dar as grazas ás familias por toda a súa colaboración durante este curso. 

Grazas!

Deséxovos que gocedes do verán e que collades moitos folgos para o próximo curso. 



BO VERÁN A TODOS E TODAS!

martes, 20 de xuño de 2023

PROGRAMA DE RADIO: AS NOSAS AVOAS

 Estimadas familias, 

Os nenos e nenas de 1º fixemos un programa de radio moi especial adicado ás nosas avoas. Aquí tedes o enlace onde o poderedes escoitar. Fixémolo con moito cariño. Esperamos que vos guste!


PROGRAMA DE RADIO: AS NOSAS AVOAS

mércores, 31 de maio de 2023

LA HORA: EN PUNTO E Y MEDIA

O RELOXO

  • Para que serve o reloxo?

Serve para medir o tempo. 

  • Que partes ten o reloxo?

O reloxo ten dúas agullas.

A agulla curta que indica a hora

A agulla larga que sinala os minutos




  • Como sabemos a hora?
Cando a agulla longa (os minutos) sinale as 12 son "en punto".
Cando a agulla longa (os minutos) sinale as 6 son "e media". 




martes, 30 de maio de 2023

OS DÍAS DA SEMANA E OS MESES DO ANO

 Bos días familias !

Estas semanas estivemos traballando en Ciencias Socias os días da semana e os meses do ano.

Unha semana ten 7 días. Os días da semana son: Luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.  



Un ano é o tempo que lle custa a Terra dar unha volta completa ao redor do Sol. Tarda aproximadamente 365 días (ou 366 días). 
Un ano ten 12 meses. Os meses do ano son: Xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro. 





Agora, a practicar!




Los días del mes, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com

luns, 15 de maio de 2023

15 DE MAIO - DÍA DA FAMILIA

Bos días!

Hoxe, 15 de maio, celebramos na clase o "Día da Familia".  Fixemos entre todos un ACRÓSTICO. 

Un acróstico é unha composición formada por palabras coas letras iniciais, neste caso, da palabra FAMILIA. 

Aquí tedes unha mostra do resultado desta actividade realizada na libreta. 

Esperemos que vos guste. 

xoves, 11 de maio de 2023

SUMAS DE TRES SUMANDOS

 Bos días, 

Estes días na clase de matemáticas estamos a traballas as sumas con tres sumandos. 

Aquí tedes unhas fichas interactivas para que poidades practicar na casa. 

Espero que vos gusten!


xoves, 27 de abril de 2023

NÚMEROS PARES E IMPARES


Ola de novo!!! 
Xa estamos a piques de rematar o curso, xa non queda nada! Con todo, temos que facer un último esforzo para aprender novos contidos. En matemáticas, estamos a traballar cos números pares e impares.  

Pégalle unha ollada a este vídeo sobre os números pares e impares. 

 
PRACTICA!

FIN DE CURSO

Queridos nenos e nenas, xa chegou o último día de clase! Quérome despedir de vós con moito cariño. Foi un ano especial para todos, o voso in...