martes, 25 de marzo de 2025

METEOLORIGA

Este mes de marzo somos os encargados do proxecto METEOLORIGA

Este proxecto está relacionado coa meteoroloxía e o clima en Galicia, a partir da observación meteorolóxica na escola.

Todos os días comprobamos o estado do ceo; rexistramos os datos dos instrumentos meteorolóxicos na nosa estación (temperatura máxima e temperatura mínima no termómetro, precipitacións no pluviómetro); comprobamos na páxina de Meteosat a dirección e a velocidade do vento, a presión atmmosférica, a humidade...

Ao rematar este mes, seremos os encargados de dar o parte meteorolóxico de marzo a todos os compañeiros e compañeiras do centro.















luns, 17 de marzo de 2025

TITULARES TOLOS

 A semana pasada conmemoramos no colexio a SEMANA DA PRENSA.

Entre outras actividades, mergullámonos no mundo da prensa escrita empregando a técnica: Titulares Tolos de  Gianni Rodari.

Levamos  acabo unha proposta divertida e creativa que deu renda solta á nosa imaxinaxión.

Este foi o resultado!





xoves, 13 de marzo de 2025

XOGOS DE MESA

 

A semana pasada aterraron na nosa aula novos XOGOS DE MESA! 

Desta forma, entre outras moitas cuestións:

Melloramos a nosa concentración, memoria, observación, imaxinación, autoestima...

Potenciamos habilidades motoras e sensoriais.

Pomos en práctica as normas de convivencia (escoitar aos demais, respectar as quendas...)

Favorecemos a socialización e reforzamos os nosos vínculos afectivos.

Descubrimos a importancia do esforzo e do traballo en equipo.

Aprendemos contidos relacionados coas matemáticas (números, cálculo...), coas linguas (lectura e a escritura, vocabulario...)

ADEMAIS O PASAMOS XENIAL!😄


"Los 10 cerditos"

"Carrera de letras"

"Bloques magnéticos"

"Color line"

Libros de lectura interactivos (Mans de Ouro)

"La fiesta de las letras"



"Speedy Ants"




venres, 7 de marzo de 2025

DÍA DO LIBRO

Boas familias,  A proposta do equipo de biblioteca, para a conmemoración do día do libro (23 ABRIL), convertímonos en auténticos escritore...