luns, 21 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

Boas familias, 

A proposta do equipo de biblioteca, para a conmemoración do día do libro (23 ABRIL), convertímonos en auténticos escritores e escritoras.

A través dun “folio xiratorio” creamos, por grupos, estes microrrelatos. Cada membro do grupo escribiu  un pequeno fragmento da historia e fomos rotando o folio ata ter a historia completa. A única condición era que tiña que conter tres palabras: SOL, PLANTA E BOLBORETA.

Así quedaron os nosos relatos!






sábado, 12 de abril de 2025

XUNT@S SOMOS INVENCIBLES!

Ola, familias!

Esta semana, puxemos en valor características que desatacamos  dos nosos compañeiros e compañeiras.

Tivemos un momento de reflexión para pensar as cousas que nos gustan e valoramos de forma positiva dos demais e escribimos algunhas delas nunhas cartolinas.

Por outra banda, fíxonos moita ilusión o que os nosos compañeiros e compañeiras dixeron de nós!😀




Boas vacacións!


martes, 8 de abril de 2025

RECUNCHO CORAZÓN

Queridas familias! 

 

Estes días comezamos a pór en marcha na nosa aula o RECUNCHO CORAZÓN. 💗

Un espazo para a buscar a calma, traballar a xestión de emocións, aprender a resolver de forma pacífica os conflitos...

Nel, tamén fomentaremos a nosa autoestima, resiliencia e comunicación afectiva, pondo en valor, o traballo colaborativo e creando un clima afectivo na aula.

Ao noso compañeiro, Mario, ocorréuselle un lema que, en seguida, todos secundamos.

"Xunt@s somos invencibles"




DÍA DO LIBRO

Boas familias,  A proposta do equipo de biblioteca, para a conmemoración do día do libro (23 ABRIL), convertímonos en auténticos escritore...