A rapazada de 1º ciclo xuntouse este 21 de maio na Estrada con representantes doutros centros educativos para camiñar polas súas rúas acompañados de pancartas con lemas en prol do uso da língua galega.
sábado, 24 de maio de 2025
plantando na horta
Neste último trimestre, e cando o tempo o permitiu, os distintos cursos fóronse achegando ao seu bancal da horta escolar para facer as plantacións: pementos, tomates, patacas, fabas , alquequenxes, amorodos, leitugas, millo..
plantas á residencia
A rapazada de 1º de primaria enviou plantas de tomates e pementos, produto da sementeira feita na clase, ás persoas maiores da Residencia das Cruces para que as transplantaran na súa horta. Carla, a súa compañeira de clase, foi a encargada de levalas á residencia.
COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DA VECIÑANZA DE PRADO.
Un don obxectivos do noso proxecto de centro "Ciencia para un futuro sostible" consiste en desenvolver accións de colaboración con asociacións veciñais ou culturais. Dada a oportunidade de cooperación coa Asociación da veciñanza de Prado o día 23 de maio o alumnado de 2º de primaria achegouse ao local parroquial para facer labores de limpeza e plantación.Con esta actividade pretendemos:
- Fomentar no noso alumnado o coidado polo medio que nos rodea,
detectando e tratando de eliminar elementos e especies invasoras presentes
na nosa contorna, así como dar a coñecer as consecuencias que teñen a
presenza das mesmas.
- Coñecer, valorar e protexer as especies autóctonas da nosa contorna.
- Colaborar e establecer lazos de unión coa veciñanza e persoas que axudan
a enriquecer a nosa comunidade educativa.
Unha vez rematado o traballo a cativada gozou dunha merenda ao aire libre.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
1º CICLO DE PRIMARIA EXCURSIÓN A VIGO.
O día 11 de xuño o 1º ciclo viaxou a Vigo para ver pola mañá a película " Lilo y Stich", onde a rapazada percibiu o valor da fam...
-
Queridas familias! Estes días comezamos a pór en marcha na nosa aula o RECUNCHO CORAZÓN. 💗 Un espazo para a buscar a calma, trabal...
-
A semana pasada conmemoramos no colexio a SEMANA DA PRENSA . Entre outras actividades, mergullámonos no mundo da prensa escrita empregando ...
-
Este mes de marzo somos os encargados do proxecto METEOLORIGA ! Este proxecto está relacionado coa meteoroloxía e o clima en Galicia, a ...









































































































































































