sábado, 24 de maio de 2025

COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DA VECIÑANZA DE PRADO.


Un don obxectivos do noso proxecto de centro "Ciencia para un futuro sostible" consiste en desenvolver  accións de colaboración con asociacións veciñais ou culturais. Dada a oportunidade de cooperación coa Asociación da veciñanza de Prado o día 23 de maio o alumnado de 2º de primaria achegouse ao local parroquial para facer labores de limpeza e plantación.

Con esta actividade pretendemos:

- Fomentar no noso alumnado o coidado polo medio que nos rodea, 

detectando e tratando de eliminar elementos e especies invasoras presentes 

na nosa contorna, así como dar a coñecer as consecuencias que teñen a 

presenza das mesmas.

- Coñecer, valorar e protexer as especies autóctonas da nosa contorna.

- Colaborar e establecer lazos de unión coa veciñanza e persoas que axudan 
a enriquecer a nosa comunidade educativa.

 Unha vez rematado o traballo a cativada gozou dunha merenda ao aire libre.







































































































































































Ningún comentario:

Publicar un comentario

1º CICLO DE PRIMARIA EXCURSIÓN A VIGO.

  O día 11 de xuño o 1º ciclo viaxou a Vigo para ver pola mañá a película " Lilo y Stich", onde a rapazada percibiu o valor da fam...