luns, 5 de decembro de 2022

CIENCIAS SOCIAIS: EXPOSICIÓN ORAL "DESCRIBO A MIÑA CASA".

 CIENCIAS SOCIAIS

UNIDADE 2

EXPOSICIÓN ORAL BREVE: “DESCRIBO A MIÑA CASA”

Cada neno e nena debe preparar unha breve exposición oral explicando como é a súa casa.

A exposición oral pódese preparar seguindo estas preguntas:

• En que tipo de casa vives? (Ex. Vivo nun bloque de edificios ou nunha casa).

• Onde está a túa casa? (Ex. Está nunha cidade, vila, aldea...).

• Como é a túa casa por fóra? (Ex. É grande, pequena, moderna, antiga, de pedra...).

• Por dentro, cantos cuartos ten? Como se chaman? (Ex. Ten 3 dormitorios, 1 salón, 1 cociña e 2 baños).

• Que é o que máis che gusta da túa casa?

A exposición debe ser curtiña e breve, non máis de 3 minutos.

Sería recomendable intentar que fora en galego, ou ir introducindo as palabras máis importantes nesta lingua.

Para finalizar, debe facer nun folio un debuxo da súa casa, que lle servirá de apoio na exposición oral.

A exposición oral será o venres 9 de decembro.

Ante calquera dúbida, estou á vosa disposición por Abalar ou teléfono do centro.

Vanessa. 

mércores, 23 de novembro de 2022

PRACTICAMOS A SUMA E A RESTA SEN LEVADAS

Boas tardes amiguiños e amiguiñas! 👋😎

Aquí tedes un montón de xogos interactivos para repasar as sumas e as restas sen levadas. Son moitos xogos, pero non tedes que facer todos, botádelle unha ollada e escollede os que máis vos gusten! 

Espero que pasedes un bo anaquiño aprendendo e pasándoo moi ben!

JUEGO: TRABAJAMOS LA SUMA

JUEGO: APRENDEMOS A RESTAS EN PROBLEMAS MATEMÁTICOS

JUEGO: EL RATÓN DE LAS SUMAS Y RESTAS

¡AHORA CAIGO! SUMA O RESTA

VIDEOJUEGO: SUMA O RESTA

SUPER MARIO: SUMAS

JUEGO: SUMAS Y RESTAS

JUEGO: SUMAS DE OTRO PLANETA

Un saúdo 😘

domingo, 20 de novembro de 2022

A LETRA "D" E A LETRA "N"

 Boas tardes😉, 

Aquí tedes novos xogos interactivos para repasar as letras que estamos a traballar na clase, a letra "d" e a letra "n". 

Pincha aquí👇

XOGOS LETRA D

MÁIS XOGOS LETRA D


Pincha aquí👇

XOGOS LETRA N

MÁIS XOGOS LETRA N


Espero que vos gusten! Un saúdo 😘

xoves, 10 de novembro de 2022

ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE

 Boas noites! 

Hoxe estivemos repasando diversos contidos, tanto de lingua como de matemáticas, a través de "estacións de aprendizaxe". E, como estaban tan concentrados e gozando dos xogos, quérovos ensinar unhas fotos desta sesión. Espero que vos gusten!




mércores, 9 de novembro de 2022

APRENDENDO NOVAS LETRAS: "S" E "T"

 Bos días!

Se pinchades sobre estes dous enlaces ides atopar diversos recursos dixitais para repasar a letra S e a letra T. Tedes xogos, adiviñas, vídeos, puzzles, laberintos... Espero que vos gusten e que pasedes un bo anaco repasando e xogando. 

TODO SOBRE LA LETRA "S"


TODO SOBRE LA LETRA "T"

luns, 7 de novembro de 2022

LECTURAS INTERACTIVAS

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Nesta entrada podedes atopar varios recursos interactivos para traballar a lectura na casa. Non tedes que empregar todos, simplemente botádelle unha ollada e escollede o que máis vos guste. Soamente tedes que pinchar enriba do enlace. 

ÉRASE UNA VEZ PRIMERA PARTE

ÉRASE UNA VEZ SEGUNDA PARTE

APRENDER A LEER

LEO LEE

A continuación tedes moitos contos, e tamén vídeoscontos, que podedes empregar para practicar a lectura na casa. 

BIBLIOTECA VIRTUAL 1

BIBLIOTECA VIRTUAL 2

BIBLIOTECA VIRTUAL 3

BIBLIOTECA VIRTUAL 4

BIBLIOTECA VIRTUAL 5




mércores, 2 de novembro de 2022

CIENCIAS NATURAIS: O CORPO HUMANO

 Boas tardes!

Xa rematamos a unidade 1 do libro de Ciencias da Natureza, neste tema traballamos "O corpo humano". Estudamos as partes do corpo, as funcións dos músculos e dos ósos; así como os sentidos e as emocións básicas. 



PINCHA NOS ENLACES PARA REPASAR AS PARTES DO CORPO:
 FICHA INTERACTIVA 1                 FICHA INTERACTIVA 2


PINCHA NO ENLACE PARA REPASAR OS SENTIDOS: FICHA INTERACTIVA 3


ADEMAIS, AQUÍ TEDES UNS VÍDEOS QUE VOS PODEN SERVIR DE REPASO. 


mércores, 26 de outubro de 2022

A LETRA P, M e L!!!

Ola amiguiños/as! Imos repasar as letras traballadas ata o momento: a letra P, a letra M e a letra L. Aquí tedes algúns xogos que podedes facer para repasar estas letras. E tamén podedes ver de novo os vídeos que tanto vos gustan do Mono Monosílabo. Espero que pasedes un bo anaco!

martes, 25 de outubro de 2022

BENVIDOS A PRIMEIRO!

Comezamos nova etapa e novo curso! A partir de agora empregaremos este blogue para compartir experiencias, materiais, xogos e moitos recursos educativos para aprender de forma divertida. Espero que vos sexa de moita axuda nesta nova andaina. Deséxovos un feliz curso!

FIN DE CURSO

Queridos nenos e nenas, xa chegou o último día de clase! Quérome despedir de vós con moito cariño. Foi un ano especial para todos, o voso in...