mércores, 21 de xuño de 2023

FIN DE CURSO

Queridos nenos e nenas, xa chegou o último día de clase!

Quérome despedir de vós con moito cariño. Foi un ano especial para todos, o voso inicio de etapa e a miña primeira experiencia en primeiro. 

Entre todos superamos os retos propostos, e evolucionamos positivamente para acadar os obxectivos marcados para este curso. Por iso, quérovos felicitar por todo o traballo e esforzo realizado. 

Parabéns!

Tamén quérolle dar as grazas ás familias por toda a súa colaboración durante este curso. 

Grazas!

Deséxovos que gocedes do verán e que collades moitos folgos para o próximo curso. 



BO VERÁN A TODOS E TODAS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

FIN DE CURSO

Queridos nenos e nenas, xa chegou o último día de clase! Quérome despedir de vós con moito cariño. Foi un ano especial para todos, o voso in...