mércores, 21 de xuño de 2023

FIN DE CURSO

Queridos nenos e nenas, xa chegou o último día de clase!

Quérome despedir de vós con moito cariño. Foi un ano especial para todos, o voso inicio de etapa e a miña primeira experiencia en primeiro. 

Entre todos superamos os retos propostos, e evolucionamos positivamente para acadar os obxectivos marcados para este curso. Por iso, quérovos felicitar por todo o traballo e esforzo realizado. 

Parabéns!

Tamén quérolle dar as grazas ás familias por toda a súa colaboración durante este curso. 

Grazas!

Deséxovos que gocedes do verán e que collades moitos folgos para o próximo curso. 



BO VERÁN A TODOS E TODAS!

martes, 20 de xuño de 2023

PROGRAMA DE RADIO: AS NOSAS AVOAS

 Estimadas familias, 

Os nenos e nenas de 1º fixemos un programa de radio moi especial adicado ás nosas avoas. Aquí tedes o enlace onde o poderedes escoitar. Fixémolo con moito cariño. Esperamos que vos guste!


PROGRAMA DE RADIO: AS NOSAS AVOAS

mércores, 31 de maio de 2023

LA HORA: EN PUNTO E Y MEDIA

O RELOXO

  • Para que serve o reloxo?

Serve para medir o tempo. 

  • Que partes ten o reloxo?

O reloxo ten dúas agullas.

A agulla curta que indica a hora

A agulla larga que sinala os minutos




  • Como sabemos a hora?
Cando a agulla longa (os minutos) sinale as 12 son "en punto".
Cando a agulla longa (os minutos) sinale as 6 son "e media". 




martes, 30 de maio de 2023

OS DÍAS DA SEMANA E OS MESES DO ANO

 Bos días familias !

Estas semanas estivemos traballando en Ciencias Socias os días da semana e os meses do ano.

Unha semana ten 7 días. Os días da semana son: Luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.  



Un ano é o tempo que lle custa a Terra dar unha volta completa ao redor do Sol. Tarda aproximadamente 365 días (ou 366 días). 
Un ano ten 12 meses. Os meses do ano son: Xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro. 





Agora, a practicar!




Los días del mes, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com

luns, 15 de maio de 2023

15 DE MAIO - DÍA DA FAMILIA

Bos días!

Hoxe, 15 de maio, celebramos na clase o "Día da Familia".  Fixemos entre todos un ACRÓSTICO. 

Un acróstico é unha composición formada por palabras coas letras iniciais, neste caso, da palabra FAMILIA. 

Aquí tedes unha mostra do resultado desta actividade realizada na libreta. 

Esperemos que vos guste. 

xoves, 11 de maio de 2023

SUMAS DE TRES SUMANDOS

 Bos días, 

Estes días na clase de matemáticas estamos a traballas as sumas con tres sumandos. 

Aquí tedes unhas fichas interactivas para que poidades practicar na casa. 

Espero que vos gusten!


xoves, 27 de abril de 2023

NÚMEROS PARES E IMPARES


Ola de novo!!! 
Xa estamos a piques de rematar o curso, xa non queda nada! Con todo, temos que facer un último esforzo para aprender novos contidos. En matemáticas, estamos a traballar cos números pares e impares.  

Pégalle unha ollada a este vídeo sobre os números pares e impares. 

 
PRACTICA!

martes, 21 de marzo de 2023

REPASO. LOS NÚMEROS HASTA EL 50.

 Buenas tardes a todos y todas! 

Hasta el momento hemos trabajado en clase de matemáticas los números hasta el 50. 

En la escritura de números debemos tener en cuenta una serie de normas: 

1. Los números del 1 al 29 se escriben con una sola palabra igual que las decenas. 

Ejemplos: 
12: doce
20: veinte 
22: veintidós

2. Los números mayores de 30 se escriben separados por la palabra "y", excepto las decenas. 

Ejemplos: 

31: treinta y uno

45: cuarenta y cinco 

En este enlace podéis ver cómo se escriben los números hasta el 100:  ESCRITURA DE NÚMEROS DEL 1 AL 100

¡Ahora a practicar! Aquí os dejo unas fichas interactivas para repasar los números hasta el 50. 

Anterior y posterior, una ficha interactiva de Yosera
liveworksheets.com

mércores, 15 de marzo de 2023

RESTA SIN LLEVADAS

Hola a todas y todos!

Hoy empezamos a trabajar en clase las restas sin llevadas.  

Aquí tenéis un vídeo con el proceso a seguir para hacer las restas sin llevadas. 


Siempre empezamos a hacer las operaciones por la derecha, es decir, por las unidades. 
Cuando hacemos una resta tenemos que imaginarnos que nos subimos en un ascensor. El ascensor de la resta siempre sube y nunca baja. 
Primero debemos colocarnos en el piso más bajo. Luego tendremos que ir desde el piso más bajo hasta el piso más alto, subiendo de uno en uno. Finalmente contaremos cuántos pisos tuvimos que subir. Ese será el resultado de la resta.
Por ejemplo, queremos restar 9 - 3. Primero nos colocamos en el piso número 3 e iremos contando hasta el piso número 9. Tenemos que subir 6 pisos, que es la solución de la resta. 

👆
¡Ahora a practicar!



Restas sin llevar, una ficha interactiva de GemaAR
liveworksheets.com

luns, 13 de marzo de 2023

UNIDADE 3, CIENCIAS DA NATUREZA: COÑEZO A NATUREZA

COÑEZO A NATUREZA - REPASO



 

AGORA, A PRACTICAR!


Las estaciones, una ficha interactiva de matoribioal
liveworksheets.com

mércores, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


Hoxe, día 8 de marzo, celebramos no colexio o día Internacional da Muller Traballadora. Aquí tedes unha mostra da actividade "A muller da miña vida" que fixemos na clase para conmemorar este día tan especial. 



 

venres, 24 de febreiro de 2023

SUMAS CON LEVADAS

Ola amiguiños e amiguiñas!

Xa comezamos a traballar na clase as sumas con levadas. Non son nada difíciles! En breves terémoslle o truco aprendido, pero para iso, temos que practicar moito. 



          A practicar!

XOGO INTERACTIVO "SUMAS CON LEVADAS" 

XOGO INTERACTIVO I "SUMAS CON LEVADAS" 

FICHA INTERACTIVA 

FICHA INTERACTIVA I

VIVA O ENTROIDO!

 Aquí tedes un recordo do día tan divertido e solleiro que tivemos o día do Entroido no colexio.

Espero que vos guste! 

xoves, 16 de febreiro de 2023

EXPERIMENTANDO!

 Bos días! 

En Ciencias Naturais estamos traballando os seres vivos, en concreto, as plantas.  

Na clase realizamos un experimento científico para entender como se alimentan as plantas. 

Observamos que cunhas poucas gotas de colorante alimenticio e auga poderás observar como cambia a cor do talo dun apio. Tamén podedes substituír o apio por flores. 

Grazas a este experimento observamos que as plantas collen a auga e os minerais da terra a través das raíces. 




xoves, 9 de febreiro de 2023

UNIDADES Y DECENAS

 UNIDADES Y DECENAS 


Una decena es una agrupación de 10 unidades. 




                                                           Ahora a practicar!

luns, 6 de febreiro de 2023

CANCIÓN: AUGALIN

 Bos días!😄

Os nenos e as nenas da clase de primeiro queremos presentarvos a canción tan fermosa que preparamos para participar nos Premios Escolares Innovaugas. Esta canción está pensada para difundir entre toda a comunidade educativa a importancia do uso responsable da auga e da preservación do medio natural, temática do proxecto do centro. 💚🌎

Esperemos que vos guste! 😘




martes, 31 de xaneiro de 2023

CA, CO, CU, QUE, QUI



ACTIVIDADES INTERACTIVAS DE REPASO 👇

https://es.liveworksheets.com/ns1511973td

https://es.liveworksheets.com/bo1619635bb

luns, 23 de xaneiro de 2023

SUMAS SIN LLEVADAS

 Bos días! 

A semana pasada traballamos na clase o fonema /K/ (ca, co, cu, que, qui). Por iso, déixovos aquí algunhas actividades interactivas para repasar na casa. 

venres, 20 de xaneiro de 2023

A LETRA R E H.

 Boas nenos e nenas! 

Xa estamos de novo no colexio, de volta dunhas longas vacacións e retomando as clases con moita enerxía. 

Aquí tedes algúns xogos interactivos para repasar as letras que traballamos estas dúas semanas na clase, a letra R e a letra H (a letra "mudita"). 

VÍDEO DA LETRA R 

                                  VÍDEO DA LETRA H 

FIN DE CURSO

Queridos nenos e nenas, xa chegou o último día de clase! Quérome despedir de vós con moito cariño. Foi un ano especial para todos, o voso in...