mércores, 21 de xuño de 2023

FIN DE CURSO

Queridos nenos e nenas, xa chegou o último día de clase!

Quérome despedir de vós con moito cariño. Foi un ano especial para todos, o voso inicio de etapa e a miña primeira experiencia en primeiro. 

Entre todos superamos os retos propostos, e evolucionamos positivamente para acadar os obxectivos marcados para este curso. Por iso, quérovos felicitar por todo o traballo e esforzo realizado. 

Parabéns!

Tamén quérolle dar as grazas ás familias por toda a súa colaboración durante este curso. 

Grazas!

Deséxovos que gocedes do verán e que collades moitos folgos para o próximo curso. 



BO VERÁN A TODOS E TODAS!

martes, 20 de xuño de 2023

PROGRAMA DE RADIO: AS NOSAS AVOAS

 Estimadas familias, 

Os nenos e nenas de 1º fixemos un programa de radio moi especial adicado ás nosas avoas. Aquí tedes o enlace onde o poderedes escoitar. Fixémolo con moito cariño. Esperamos que vos guste!


PROGRAMA DE RADIO: AS NOSAS AVOAS

FIN DE CURSO

Queridos nenos e nenas, xa chegou o último día de clase! Quérome despedir de vós con moito cariño. Foi un ano especial para todos, o voso in...