luns, 5 de decembro de 2022

CIENCIAS SOCIAIS: EXPOSICIÓN ORAL "DESCRIBO A MIÑA CASA".

 CIENCIAS SOCIAIS

UNIDADE 2

EXPOSICIÓN ORAL BREVE: “DESCRIBO A MIÑA CASA”

Cada neno e nena debe preparar unha breve exposición oral explicando como é a súa casa.

A exposición oral pódese preparar seguindo estas preguntas:

• En que tipo de casa vives? (Ex. Vivo nun bloque de edificios ou nunha casa).

• Onde está a túa casa? (Ex. Está nunha cidade, vila, aldea...).

• Como é a túa casa por fóra? (Ex. É grande, pequena, moderna, antiga, de pedra...).

• Por dentro, cantos cuartos ten? Como se chaman? (Ex. Ten 3 dormitorios, 1 salón, 1 cociña e 2 baños).

• Que é o que máis che gusta da túa casa?

A exposición debe ser curtiña e breve, non máis de 3 minutos.

Sería recomendable intentar que fora en galego, ou ir introducindo as palabras máis importantes nesta lingua.

Para finalizar, debe facer nun folio un debuxo da súa casa, que lle servirá de apoio na exposición oral.

A exposición oral será o venres 9 de decembro.

Ante calquera dúbida, estou á vosa disposición por Abalar ou teléfono do centro.

Vanessa. 

FIN DE CURSO

Queridos nenos e nenas, xa chegou o último día de clase! Quérome despedir de vós con moito cariño. Foi un ano especial para todos, o voso in...